Detección precoz de infeccións en dispositivos implantables por perforación 3 de dec. de 2021

Visto 13 veces

Detección precoz de infeccións en dispositivos implantables por perforación

Conferencia

Hoxe en dı́a é cada vez máis común que o noso organismo entre en contacto directo con materiais externos, tanto con fins médicos como estéticos: existe unha gran variedade de implantes cirúrxicos, pendentes, piercings, catéteres... Con todo, este uso tan estendido está ligado á aparición de infeccións locais nas zonas que entran en contacto con eles. O noso corpo deféndese para tentar desfacerse deles e, como consecuencia, aparecen reaccións inflamatorias que ocasionan molestias, dores, etc. Ademais, o feito de perforar a barreira cutánea e expoñer o medio interno ao ambiente exterior favorece unha entrada de múltiples patógenos que pode derivar en infección.
Nas súas etapas iniciais, unha infección é difı́cil de diferenciar de calquera reacción inflamatoria. Sen coñecementos sobre este tema, non se adoita chegar a percibir ata que aparece unha dor aguda na zona e, para entón, a infección xa adoita estar estendida e é necesario o uso de antibióticos. Por tanto, un diagnóstico pre...focos (desde unha infección de ouriños ata un virus que afecte os pulmóns) e, aínda ası́, o primeiro paso sempre será retirar a vı́a (coas molestias, gastos e persoal que isto supón). Por tanto, calquera signo que permita diferenciar se a infección está a producirse ou non no catéter evitarı́a en gran medida todos estes prexuízos ocasionados.
Neste proxecto exponse a elaboración dun recubrimento que empregue unha base de ABT, nanopartı́culas de zirconio, quitosano e DR para formar unha disolución que cambie de cor cando o pH caracterı́stico da pel diminúa, debido á acidificación do medio que se produce nos primeiros estadios dunha infección deste tipo. Desta forma, mediante un
baño deseñado para o titanio dos piercings e para o PVC dos catéteres, poderanse funcionalizar as súas superficies para que cambien a súa aparencia cando estea a se iniciar unha infección, para que ası́ calquera persoa, con ou sen coñecementos médicos, poida tomar as medidas adecuadas para tratala.

López Gil, Marta
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Ocampo Pérez, Óscar
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Sanmartín Anido, Felipe
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Vega Cuenca, Sergio
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021