Sistema de evacuación de fume cirúrxico producido pola utilización de electrobisturí monopolar 3 de dec. de 2021

Visto 5 veces

Sistema de evacuación de fume cirúrxico producido pola utilización de electrobisturí monopolar

Conferencia

Este proxecto permite a abordaxe do problema que supón a exposición ao fume cirúrxico producido pola acción de dispositivos de ciruxı́a de termoablación sobre tecidos naturais, máis concretamente o producido polo bisturı́ monopolar.
O fume cirúrxico contén numerosas partı́culas que en determinadas doses poden ser prexudiciais para o noso organismo; ademais de que cando se vaporiza tecido é posible vaporizar e transmitir virus e enfermidades incluído o cancro. Á parte da preocupación sanitaria, tamén cabe destacar os problemas que o fume cirúrxico causa nos procedementos laparoscópicos, como son a falta de visibilidade, os atrasos producidos durante o procedemento ao eliminar o fume, o aumento dos niveis de monóxido de carbono e a metástase no porto.
Para abordar este problema chegouse á conclusión de que a solución máis efectiva é a eliminación destes fumes o máis preto posible de onde son xerados e o máis rápido posible. Para iso deseñouse un dispositivo de aspiración que se...alrededor da sala cirúrxica; un anel de silicona que permita estanqueidad e unha firme suxeición da embocadura ao electrobisturı́; un tubo flexible de dous metros de longo fabricado con Hytrel; e unha central de aspiración. A central de aspiración estará composta pola electrónica necesaria, unha bomba de aspiración e tres filtros dispuestos en serie: Un filtro antibacteriano refugable de tipo HEPA, outro de tipo ULPA e un filtro anti-olores de carbón activo. Entre a electrónica dispoñible na central cabe destacar a implantación dun microprocesador que permita regular a potencia de aspiración automaticamente a partir da
cantidade de fume medido por un caudalı́metro colocado na embocadura do dispositivo.
Todo este deseño permite achegar unha solución elegante a un problema no que cada vez hai maior preocupación, dun modo sinxelo e seguro tanto para o paciente como para o médico, mantendo un prezo reducido e sen modificar en gran medida os protocolos de traballo actuais.

Rey Castro, Daniel
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Sobrino Rodríguez, Iria
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Villar Montero, Ángel
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021