Aparcamento intelixente na zona azul de Vigo 3 de dec. de 2021
Aparcamento intelixente na zona azul de Vigo
Conferencia
O proxecto que se vai a realizar busca solucionar un problema recorrente no centro da cidade de Vigo, a escaseza de sitios para aparcar. Para coñecer se esta situación afecta a moitos usuarios, realizouse unha enquisa enfocando os puntos crave do problema como son, por exemplo, o tempo aproximado que tarda o enquisado en atopar sitio, se aparca
en zona azul ou se directamente busca un aparcadoiro privado. A partir das respostas obtidas expuxéronse 3 posibles
proyectos que poden axudar a solucionar o problema valorando os pros e contras de cada un deles. Todos teñen en común que estarán incorporados nunha app para o móbil gratuíta de tal forma que sexa sinxelo e accesible para todo o mundo, e centrarase na zona azul.
Para o primeiro proxecto, os usuarios deberı́an introducir a praza de aparcamento utilizada na app e deberı́an avisar con antelación a súa intención de abandonala. Para fomentar o seu uso, a app contarı́a con un sistema de puntos que outorgará descontos no para... consistirı́a en a instalación de sensores de presenza conectados coa app para mostrar aos usuarios que prazas están ocupadas e cales non en tempo real. Por último, un sistema de reserva de prazas con ata un dı́a de antelación que estarı́a supervisado por sensores ou persoal contratado, cun funcionamento similar a reservar unha sitio no tren, por exemplo.
Partindo destas tres posibles opcións, decidiuse implementar unha mestura dos proxectos 1 e 2 aproveitando as vantaxes de cada un. Ası́, instalaranse sensores de presenza nas prazas de aparcamento da zona
azul céntrica de Vigo que estarán conectados á app para o móbil. Con isto, poderase visualizar facilmente nun mapa que prazas están libres e cales non en tempo real e, poderase verificar se os usuarios da app indican correctamente cando van deixar a praza libre. Ademais, para incentivar o seu uso, engadirase un sistema de puntos que outorgue vantaxes aos
usuarios máis activos e aos que utilizan a app de maneira correcta.