Inclusión da terceira idade na dixitalización bancaria 3 de dec. de 2021

Visto 21 veces

Inclusión da terceira idade na dixitalización bancaria

Conferencia

Na actualidade, a tendencia da canle bancaria cara á dixitalización está a levar ao peche de oficinas en núcleos urbanos pequenos. Isto provoca que as persoas de avanzada idade que prefiren o trato personalizado non poidan facer as súas operacións bancarias sen ter que desprazarse.
Realmente, este problema non afecta a todo o segmento da terceira idade, senón a aqueles que residen en núcleos urbanos sen sucursal e prefiren ser atendidos por unha persoa e non por unha máquina ou aplicación.
Co fin de obter propostas, solucións e mesmo entender os problemas mencionados, realizáronse enquisas e analizado artı́cus de prensa contrastados.
Grazas aos datos das mencionadas enquisas, determinouse que os problemas que máis afectan as persoas deste rango de idade son o desprazamento polo peche de sucursais bancarias e o uso das aplicacións móbiles.
Como posible solución a ambas, proponse o uso dunha unidade móbil adaptada para prestar servizos bancarios mı́nimos, equipada con caixeiro e unha pequena oficina. Este vehı́culo podrı́a desprazarse entre pequenos núcleos urbanos de forma periódica e garantir ası́ o aforro en desprazamento para os seus clientes ademais de adaptar a canle ao cliente, evitando problemas existentes na alternativa da canle dixital.
Esta solución, non só funciona para o segmento da terceira idade, senón tamén a aqueles que, independentemente da súa idade ou lugar de residencia, prefiren falar co banqueiro, ou simplemente, queren ter algo de efectivo sen ter que facer unha viaxe tan longo.

Larriba Vidal, Jacobo
Grao en Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Randulfe Vicente, José Antonio
Grao en Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Sousa Cáceres, Celia Luz
Grao en Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Fernández Luaces, Inés
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
García Ferreiro, María
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Otero Domínguez, Pablo
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021