Universo Sostible. Que impacto ten a agricultura no medioambiente? 18 de maio de 2022
Universo Sostible. Que impacto ten a agricultura no medioambiente?
A aposta pola agricultura sostible, aquela que é respectuosa co medioambiente converteuse nunha prioridade. En moitos centros de investigación trabállase en proxectos para conseguir unha maior sustentabilidade dos cultivos e unha diminución do impacto asociado á actividade agrícola.
A agricultura e o uso das terras de cultivo é responsable de máis do 20 % das emisións de gases de efecto invernadoiro e do consumo do 70 % de auga a nivel mundial. Desperdíciase un terzo de toda a produción agrícola global, pero preto de 700 millóns de persoas pasan fame.
A aposta por unha agricultura sostible e con capacidade para adaptarse ás circunstancias de cada territorio respondería de maneira eficiente ás necesidades da poboación.