Presentación do Piloto Shuttle Autónomo
22 de xan. de 2026
Presentación do Piloto Shuttle Autónomo
Vigo será o primeiro campus en España en dispor dun servizo de vehículo autónomo e conectado que poderá ser utilizado por toda a comunidade universitaria para os seus desprazamentos entre edificios. Presentouse en Vigo o piloto de ciberseguridade do vehículo autónomo sobre rede 5G, un acto no que se contou coa intervención do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, Luis Moreno; o conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, e o director de Amtega, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, en representación de tres das entidades participantes nun proxecto ao que todos se referiron como “magnífico exemplo” de colaboración entre administracións.
Fonte: DUVI
Reitor, Universidade de Vigo
Luis Moreno Diéguez
Director, Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CETAG)
Miguel Corgos
Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Xunta de Galicia
Director
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Xunta de Galicia
Felipe Gil Castiñeira
Departamento de Enxeñaría Telemática, Investigador AtlanTTic, Universidade de Vigo
Ana Fernández Vilas
Departamento de Enxeñaría Telemática, Investigadora de AtlanTTic, Universidade de Vigo
Francisco Sánchez Pons
Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG)
Vídeos da mesma serie
UVigo Motorsport presenta o UM26
Máis lixeiro, cun novo motor e cos sistemas de propulsión e aerodinámica renovados. O monopraza competirá este verán nos circuítos de Formula Student de Austria e España. Fonte: DUVI
3 de xul. de 2026
Premios Consello Social UVigo Humana
Galardoadas a Fundación Mujeres por África, no ámbito internacional e á asociación Bicos de Papel, no ámbito galego. O Consello Social tamén premia os mellores TFG, TFM e teses en materia de Axenda 2030
30 de abr. de 2026
XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego
25 anos de iniciativa estudantil cunha idea moi clara: conectar o talento universitario coas empresas do sector tecnolóxico e industrial
27 de feb. de 2026
G-Night 2025. Noite europea das persoas investigadoras
Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas” esta xornada de lecer e divulgación está confomada por obradoiros, xogos, charlas e espectáculos.
26 de set. de 2025
Xornadas de benvida 2025/2026. Universidade de Vigo
Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2025/2026 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras.
5 de set. de 2025
Premios Alumni-UVigo 2025
15 finalistas para cinco premios, son en total 15 finalistas: 9 mulleres e oito homes, divididos en cinco categorías: Alumni -Uvigo Traxectoria Profesional, Emprendemento, Humanidades, Impacto Social e Investigación.
10 de xul. de 2025
Acto académico de San Tomé de Aquino 2025
O reitor defendeu a excepcionalidade da UVigo, que "está ao dispor de toda a sociedade". Durante a cerimonia entregáronse 161 galardóns que recoñecen “o talento e o esforzo”
28 de xan. de 2025
Premios Alumni 2024
Terceira edición de estos galardóns celebrada no edificio Redeiras que acolleu tamén a celebración do encontro anual de egresados e egresadas
19 de xul. de 2024