Docencia virtual dun curso de mestrado sobre a plataforma Moodle. 11 Dec, 2009

Visto 4361 veces

Docencia virtual dun curso de mestrado sobre a plataforma Moodle.

As novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a implicación do alumnado no desenvolvemento das actividades propostas polos docentes foron o eixo da IV Xornada de Innovación Educativa que tivo lugar nas Facultade de Ecconómicas e Ciencias Xurídicas e do Traballo organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. O seminario acolleu a máis de 130 docentes, algúns deles encargados de expoñer as súas experiencias resumidas nun total de 60 relatorios nos que deron a coñecer as dificultades e logros acadados cos seus proxectos e iniciativas, que serviron como exemplo para outros docentes que están a poñer en práctica os seus propios métodos.

Antonio Carvajal-Rodriguez
Bioloxía, Universidade de Vigo