Clausura do 17 Congreso de Traballos Colaborativos 3 de dec. de 2021

Visto 8 veces

Clausura do 17 Congreso de Traballos Colaborativos

Nesta décimo sétima edición participaron 125 alumnos e alumnas dos diferentes graos da Escola de Enxeñaría Industrial: 17 de Enxeñaría Biomédica, 19 de Enxeñaría Eléctrica, 50 de Enxeñaría de Organización e 39 de Enxeñaría en Tecnoloxías. Con todo, nesta ocasión o congreso dá a benvida a unha nova titulación, Enxeñaría Biomédica, “cun grupo de alumnos da primeira promoción que se incorporan a esta experiencia”. Os tres coordinadores do CTC, os profesores Jose Antonio Alonso Rodríguez, Lucía Díaz Vilariño e José Luis González Cespón, destacan que o estudantado participante demostrou “unha vez máis, a súa capacidade de inventiva e innovación coas solucións que propoñen, sendo algunhas delas de particular interese social” e agradecen “a súa implicación e capacidade de traballo, de modo especial debido ás circunstancias que vivimos, coas limitacións impostas pola pandemia”.

Fonte: DUVI

Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, Universidade de Vigo
Juan Pardo Froján
Director da Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo
José Luis González Cespón
Profesor EE Industrial, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021