Universo Sostible. Como nos cambiará a vida a nanotecnoloxía? 21 de abr. de 2022
Universo Sostible. Como nos cambiará a vida a nanotecnoloxía?
Durante os últimos anos, o principal reto ao que se enfrontaron os científicos foi coñecer ben as novas propiedades dos materiais a escala nanométrica para, posteriormente, saber controlalas. Actualmente esta ciencia multidisciplinar aplícase xa en diferentes sectores.
A creación de novos materiais con propiedades extraordinarias abre un amplo abanico de posibilidades á industria, para crear novos produtos ou mellorar os xa existentes. Ademais, promete solucións a múltiples problemas que enfronta actualmente a humanidade, como os ambientais, os enerxéticos ou de saúde.
Grazas á nanotecnoloxía están a obterse novos materiais máis lixeiros, resistentes e baratos. As súas aplicacións prácticas de uso cotián xa están dispoñibles no mercado: en cosméticos, computadores, electrodomésticos e telefonía. Aínda que posiblemente os resultados máis interesantes atopámolos no campo da medicina e da industria farmacéutica. Un mundo invisible ao ollo humano que cada vez nos ofrecerá máis beneficios.