Bioquit: produción sostible de composites de quitosano a partir de residuos de marisco 3 de maio de 2023

Visto 50 veces

Bioquit: produción sostible de composites de quitosano a partir de residuos de marisco

Conferencia

O marisco é un produto consumido en grandes cantidades en zonas onde o mar ten unha gran influencia e é en lugares como na nosa comunidade, Galicia, que o marisco desempeña un papel crave na gastronomía e cultura local.

Ao redor dun 50\% do peso do propio marisco que se compra, tírase o lixo porque non se come. O uso típico dos residuos nas zonas rurais é tiralo directamente á horta como un fertilizante mediocre, aquí empeza a transformación deses residuos de escasa utilidade nun polímero derivado da estrutura básica dos exoesqueletos dos artrópodos que, mesturado cos materiais adecuados e tratado de maneira correcta, pode dar lugar a uns materiais de nova creación con aplicacións máis aló das imaxinadas.

O produto de interese a extraer dos residuos é a quitina que, tras pasar un proceso químico, dá lugar ao quitosano. Este heteropolímero é usado amplamente en diferentes industrias como a estética, onde a súa capacidade de reter humidade convérteo nunha parte esencial de cremas; ou na odontolóxica, para crear empastes. Pero onde realmente destaca é na industria médica, onde grazas as súas capacidades hemostáticas está a utilizarse en vendaxes tal e como mostran estudos recentes e este proxecto quere representar o papel na realidade, o cemento óseo. Este “biocomposite” enriquecido con quitosano presenta unhas características superiores ao cemento óseo convencional en diversos aspectos, permitindo unha cura máis rápida.

Rita Bendaña Pujol
Estudante, Universidade de Vigo
Xavier ManueDe Rada Piñeiro
Estudante, Universidade de Vigo
Nerea Estévez López
Estudante, Universidade de Vigo
Fabiana Elizab Feijoo Casabona
Estudante, Universidade de Vigo
Estela Lima González
Estudante, Universidade de Vigo
Pedro Loureiro Pego
Estudante, Universidade de Vigo
Uxía Termenón Rivas
Estudante, Universidade de Vigo
María Senra Ces
Estudante, Universidade de Vigo