Take a feira! Planta de producción de Shiitake á feira 3 de maio de 2023

Visto 15 veces

Take a feira! Planta de producción de Shiitake á feira

Conferencia

A sobrepesca e a gandería intensiva son unha das principais causas da perda de biodiversidade e do cambio climático no mundo. Debido a esto, unha parte da poboación, cada vez máis patente, optou por adoptar unha dieta de orixe vexetal. Con todo, a pesar de que xa existe unha gran variedade de alternativas á carne, a oferta de alternativas vexetais a produtos pesqueiros é mínima.

Para cubrir estas carencias nace Shiitake á feira, co obxectivo de ofrecer unha alternativa vexetal a un prato tradicional como o polbo á feira, sen os impactos negativos sobre o medio ambiente. O ingrediente principal será o cogomelo Shiitake {Lentinula edodes} (Berk.) Pegler, 1976), de orixe asiática, cunha gran variedade de propiedades nutracéuticas e cunha textura moi similar ao polbo. Será cultivada en labra de eucalipto {Eucaliptus globulus} Labill., 1800), un subproducto moi común na industria madeireira, dándolle desta forma unha saída e reducindo o desperdicio. Os cogomelos, ao prepararse con aceite, sal, pemento e algas {Codium} sp. Stackhouse, coñecida como espagueti de mar), converteranse no substituto perfecto a este prato tradicional da gastronomía galega. O produto final comercializarase ao baleiro e incluirá un prato biodegradable para gozar de Shiitake á feira en calquera lugar.

Sara Rodríguez Arias
Estudante, Universidade de Vigo
Marta González Ramos
Estudante, Universidade de Vigo
Margarita Abi Roca
Estudante, Universidade de Vigo
Antía López Villadóniga
Estudante, Universidade de Vigo