Que así seda! 3 de maio de 2023
Que así seda!
Conferencia
Serigal S. L.} é unha proposta empresarial dedicada principalmente á venda de seda ecolóxica a nivel industrial. Trátase dun produto de calidades únicas que, a pesar de os avances da ciencia nos últimos anos, só ten unha maneira de obtención: mediante a cría de vermes de seda (\textit{Bombyx mori}).
Para a produción de seda, o proxecto baséase nos principios da economía circular, é dicir, buscar a reutilización dos residuos xerados e aproveitar todos os subproductos derivados da cría de \textit{Bombyx mori} e do proceso de obtención de seda. Por exemplo, das moreras cultivadas extraeranse as follas para a alimentación dos vermes e os seus froitos, as mouras, serán comercializadas.
A partir dos restos vexetais e fecais da cría, dos capullos en mal estado ou contaminados e das pupas conformarase un abono ecolóxico para a súa utilización na plantación de moreras. Por último, dos restos de seda non utilizables para o fiado e da auga utilizada no procesado de seda, extraerase toda a \textit{sericina} posible, un subproducto cun elevado valor en múltiples mercados como o ámbito clínico, o cosmético e o farmacéutico.
Finalmente, cabería destacar que Serigal S. L. no seu compromiso co medio ambiente segue os procesos máis ecolóxicos posibles, asegurando a menor
contaminación posible mentres xera produtos de elevada calidade e ocupa un nicho no mercado español de seda natural.