Poliner S.L.: insectos polinizadores para a agricultura 3 de maio de 2023
Poliner S.L.: insectos polinizadores para a agricultura
Conferencia
A agricultura moderna esixe cada vez maiores rendementos por hectárea polo que deben empregarse todas as técnicas dispoñibles para evitar os factores que limitan a produción dos cultivos. Un dos elementos crave é a polinización.
En condicións naturais pódese producir o transporte de pole polo vento, pola auga ou por insectos polinizadores. Esta última é a maneira máis eficaz e a única no caso de cultivos protexidos como son os invernadoiros. Os polinizadores naturais, especialmente as abellas, cada vez son máis escasos debido á deterioración do medio, e non están presentes baixo os plásticos dos invernadoiros.
Existen algúns procedementos artificiais. Desde os máis laboriosos de tipo manual, aos baseados na forza bruta mediante a axitación e vibración das flores. En {Poliner S.L.} queremos ofrecer ao sector agrícola uns traballadores cualificados, incansables, respectuosos coas flores e o medio, que non usan substancias químicas e que teñen un custo moi reducido: {os abellóns} {Bombus terrestris}).
Estes extraordinarios insectos, especialmente nosos {Bombus terrestris}, son capaces de vivir nunha gran variedade de condicións ambientais realizando labores de polinización con gran vantaxe sobre outras especies como as abellas.
Poliner busca ofrecer ás explotacións agrícolas, unha solución completa para as súas necesidades de polinización coa máxima eficacia e a un custo contido.