Invernadoiros verticais para a produción de brotes de mezclum 3 de maio de 2023

Visto 17 veces

Invernadoiros verticais para a produción de brotes de mezclum

Conferencia

Tendo en conta que as verduras de folla verde son o terceiro tipo de hortaliza
máis consumido a nivel mundial, segundo un estudo realizado en 2021, o obxectivo de \{Vertical
Green} é conseguir unha selección exclusiva de brotes de 4 variedades diferentes (leituga vermella, leituga verde, cóengos e espinacas) dunha forma máis sostible ao realizarse de maneira vertical, co que se aproveita o espazo en altura.

Esto supoñería unha redución da superficie utilizada e da consecuente talla e destrución de espazos naturais para a agricultura. Usarase un sistema hidropónico de fluxo e refluxo cun sistema pechado para o crecemento dos brotes, mentres que a auga utilizada provirá dunha empresa próxima de cocción de verduras. Así se aforra unha gran cantidade de auga e favorécese a economía circular. Unha vez cultivados os brotes, envásanse en bolsas de 150 gramos para ser distribuídas por Galicia, nun comercio de proximidade.

A empresa atópase nun polígono de Silleda, Pontevedra. Foi construída a partir dunha antiga granxa, que foi restaurada e ampliada para a creación dun invernadoiro con teito translúcido, o cual permite a entrada de luz para así facer uso da enerxía solar. Contará ademais cun laboratorio propio para realizar análise de calidade periodicamente.

O orzamento inicial necesario para levar a cabo este proxecto é de 156.211,64 euros. Esto inclúe o equipamento e a maquinaria necesarios, así como a prestación de servizos en canto á realización do presente proxecto.

Paula Domínguez Álvarez
Estudante, Universidade de Vigo
Sandra Rodríguez Barrocas
Estudante, Universidade de Vigo
Manuel Túñez Keienburg
Estudante, Universidade de Vigo
Desireé Viñas Bouzas
Estudante, Universidade de Vigo