Producción de Peelastic 3 de maio de 2023

Visto 16 veces

Producción de Peelastic

Conferencia

A contaminación por plástico é, actualmente, un dos factores máis preocupantes en relación coa saúde e o futuro ambiental. A nivel mundial, este material é un dos máis utilizados, sendo á súa vez un dos máis agresivos debido á súa lenta degradación e á súa composición química. Entre os impactos ambientais máis frecuentes pódese destacar: a contaminación acústica, do aire, das augas, a xeración de residuos e a perda da biodiversidade.

Por todo iso, con obxecto de minimizar o uso do plástico convencional, xorde {Peelastic}, empresa cuxa finalidade é proporcionar un material moito máis sostible e menos daniño para o medio ambiente. Este bioplástico, composto principalmente por celulosa bacteriana producida pola cepa {Gluconacetobacter xylinus,} reprodúcese de forma natural en presenza de residuos orgánicos, utilizándose neste caso a casca de laranxa como fonte de carbono.

Peelastic pretende dar a coñecer unha nova perspectiva máis ecolóxica de ver o mundo ao utilizar este residuo como materia prima para un proceso produtivo, materia que en condicións normais sería refugada. Unha das aplicacións principais deste material biodegradable é a produción de bolsas e utensilios, observándose, ademais, que se degrada na súa totalidade nun curto período de tempo sen provocar danos ao medio ambiente.

Alberto Pedras Fontan
Estudante, Universidade de Vigo
Eva Rodríguez Pérez
Estudante, Universidade de Vigo
Samuel Román Curra
Estudante, Universidade de Vigo
María Garrido López
Estudante, Universidade de Vigo
África Lubián Díaz
Estudante, Universidade de Vigo
Francisca Álvarez Bustos
Estudante, Universidade de Vigo