Acuapioneros: Planta de acuaponía 3 de maio de 2023

Visto 12 veces

Acuapioneros: Planta de acuaponía

Conferencia

A situación hídrica en España, que sofre cada vez máis o impacto das secas, carrexa perdas económicas para agricultores e empresarios. Para solucionar esto e fomentar a produción doutros produtos, expomos unha empresa, Acuapioneros, e recorremos ao cultivo en acuaponía, unha técnica que fusiona a hidroponía e a acuicultura nun sistema de recirculación. Este modelo serve para producir de forma sostible alimentos de alto valor nutritivo mediante principios de reutilización de augas residuais, integración de sistemas acuícola-agrícola e de obtención de produtos sans cun importante impacto socioeconómico no ámbito local.
O noso obxectivo principal é o cultivo e a venda de carne de carpa común, así como de leituga, o que permitirá amortecer certos gastos e optimizar o rendemento do sistema de acuaponía, o que permitirá un aforro do 90 \% da auga empregada para os devanditos cultivos. Tamén se prevé un aforro debido á cría dos nosos propios alevíns, o que permitirá que a planta sexa autosuficiente nese aspecto dentro de 10 anos e que elimine a pegada de carbono do seu transporte.
Os potenciais compradores da carne de carpa serían os restaurantes de comida asiática, un negocio en auxe en España, onde, ademais, a acuicultura non se centra nas carpas, o que obriga a importar todas as que se consomen.
A empresa completarase cun laboratorio de I D que se encargará de abaratar os gastos do penso mediante a fabricación dun de calidade e de economía circular.

Adrián Rodríguez Salazar
Estudante, Universidade de Vigo
Ainoa Figueroa Vidal
Estudante, Universidade de Vigo
Garazi Amboage Sustaeta
Estudante, Universidade de Vigo
Alicia Cedeira Fernández
Estudante, Universidade de Vigo
Rocío Rodríguez Castro
Estudante, Universidade de Vigo
Marcel De Kerpel Ramírez
Estudante, Universidade de Vigo
Carlos Sarmiento Gómez
Estudante, Universidade de Vigo