Mycoveggie, a carne do futuro 3 de maio de 2023

Visto 21 veces

Mycoveggie, a carne do futuro

Conferencia

Nos últimos anos aumentou a creación de “macrogranjas” debido á demanda de produtos cárnicos. A pesar do seu consumo na sociedade, a produción de carne supón un problema, tanto para o medio (gases de efecto invernadoiro e a contaminación de recursos naturais) como para a saúde das persoas (problemas cardiovasculares). Con todo, alternativas como é a proteína de orixe unicelular (en inglés \{SCP}) son cada vez máis populares. En concreto, a micoproteína procedente de \textit{Fusarium venenatum} ofrece unha ampla lista de vantaxes, de entre as cuales destaca o seu baixo contido en graxas e a baixa taxa de contaminación.

Neste contexto, Mycoveggie S.L. ten como obxectivo ofrecer ao consumidor unha proteína sostible, máis saudable e de mellor calidade que a de orixe animal. Para iso preténdense producir 3100 T toneladas de micoproteína ao ano nunha planta de 1842,691 situada en Ourense, seguindo un modelo de economía circular no cual apenas se producen residuos.

Ademais, a longo prazo, preténdese que a empresa poida ser autosuficiente grazas á súa liña de I D I emerxente, levada a cabo por biólogos investigadores expertos. O proceso de produción baséase no crecemento do microhongo \textit{Fusarium venenatum} utilizando residuos de remolacha da industria azucreira, empregando un método de escalado en fermentadores de diferentes tamaños. Unha vez obtense a biomasa final, esta é procesada ata obter unha textura similar á carne picada, a cual poderá consumirse a gusto do cliente.

Julianna Canseco Colín
Estudante, Universidade de Vigo
Rubén Camesella Jesteira
Estudante
Sergio Falagán Carballo
Estudante, Universidade de Vigo
Andrea García Méndez
Estudante, Universidade de Vigo
Eva González García
Estudante, Universidade de Vigo
Iria Juárez Bastos
Estudante, Universidade de Vigo
André Riveiro Suárez
Estudante, Universidade de Vigo
Gemma Vecino Miron
Estudante, Universidade de Vigo