Planta productora de celulosa bacteriana 3 de maio de 2023

Visto 28 veces

Planta productora de celulosa bacteriana

Conferencia

Xylicel innovation S.L.} trátase dunha empresa enfocada no deseño dunha planta de produción de celulosa bacteriana, producida pola especie \textit{Acetobacter xylinum}, un mesófilo gram (-) capaz de sintetizar celulosa. Esta destaca por encima da pasta de celulosa vexetal debido á súa gran pureza, maior capacidade de retención de auga, elevada durabilidade e maior estabilidade térmica e mecánica. Consecuentemente, resulta de gran interese en ámbitos industriais, como o alimentario, cosmético e farmacéutico.

A metodoloxía seleccionada para a súa produción é o cultivo axitado en biorreactores airlift, mediante a inoculación da bacteria e o medio previamente preparado, xa que este procedemento presenta un maior rendemento. Tras a síntese e obtención das fibras de celulosa, estas son sometidas a un proceso de filtrado, purificación e lavado para obter así o produto final. Unha vez obtida a celulosa libre de impurezas esta pasa por un proceso de secado para posteriormente ser empaquetada en sacos de 5kg comercializados coas empresas interesadas.

Iria Castro Acha
Estudante, Universidade de Vigo
Lucía Couso Costas
Estudante, Universidade de Vigo
Laura Otero Mata
Estudante, Universidade de Vigo
Juan Piñeiro Piñeiro
Estudante, Universidade de Vigo
Alejandra Rodríguez Meiriño
Estudante, Universidade de Vigo
Víctor Barrado Sabater
Estudante, Universidade de Vigo
Vanessa Pardellas Abal
Estudante, Universidade de Vigo