Acheta Rico: Granxa de grilos 3 de maio de 2023

Visto 31 veces

Acheta Rico: Granxa de grilos

Conferencia

A poboación mundial crece a un ritmo acelerado, feito que conleva un aumento da demanda alimenticia e, polo tanto, implica a necesidade de incrementar a produción de proteínas. Esta produción necesita ser renovada, xa que os medios tradicionais, como a gandería, representan un modelo cada vez máis insostible e ineficaz, pois son incapaces de satisfacer a demanda.

Desde a nosa empresa, {Acheta Rico}, propoñemos a achega de proteínas necesario mediante a cría e a venda de grilos con base ás súas propiedades nutricionais, entre as que destacan un elevado contido proteico e de carbohidratos contra o seu baixo contido graxo.

Nas nosas instalacións contamos cunha zona para a cría de grilos {Acheta domesticus}) de 7500 m2, a cual faríanos manexar unha cantidade aproximada de cinco millóns de individuos mensuais. O rápido desenvolvemento destes insectos permite un ritmo elevado de produción, dado que, ao tratarse de animais
ectotermos, demandan menos cantidade de auga e requiren dunha cantidade inferior de alimento pola súa gran eficiencia á hora de aproveitalo. Así mesmo, as emisións de CO2, nitratos e refugallos que xeran son menores que na gandería convencional.

Grazas á súa condición de animal omnívoro, pode aproveitar diversas fontes de alimento, buscamos a alternativa de desenvolver, no noso departamento de I D i, un penso baseado en restos vexetais, co obxectivo de fomentar así a economía circular. En prol desta iniciativa, aproveitamos as feces dos insectos como un fertilizante rico en NPK.

Paula Andrés Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo
Beatriz Crespo Viruleg
Estudante, Universidade de Vigo
Alejandro Figueroa Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo
Nahir Rodríguez Costas
Estudante, Universidade de Vigo
Uxía Leyenda Leyenda
Estudante, Universidade de Vigo
Marta López Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo
Carlos Andres Ortiz Jemio
Estudante, Universidade de Vigo
Juan Manuel Fischer Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo