Produción de bioplásticos con fins sanitarios 3 de maio de 2023

Visto 16 veces

Produción de bioplásticos con fins sanitarios

Conferencia

Na actualidade, a utilización de plásticos petroquímicos dun só uso está cada vez máis presente na nosa rutina diaria. Estes plásticos son moi contaminantes para o medio ambiente e tardan miles de anos en degradarse. Ademais, cada vez é máis escasa a materia prima da que se obtén.

A nosa empresa, para combater a utilización de materiais tan nocivos para o medioambiente, céntrase na produción de bioplásticos a partir dos residuos da industria láctea. Deste xeito, ademais de reciclar os residuos lácteos altamente contaminantes para a natureza, conséguense produtos biodegradables e de gran utilidade para o ser humano, evitando a utilización de plásticos dun só uso.

Estudouse que bacterias polimerizadoras como \textit{Bacillus megaterium} son capaces de producir poli-$\beta$-hidroxibutirato (PHB), un bioplástico cun gran potencial. Ademais, estes bioplásticos teñen un tempo de degradación de entre 4 e 6 meses. Por tanto, a finalidade da nosa empresa é producir bioplásticos en forma de pellets para a súa futura utilización no ámbito sanitario, concretamente en material sanitario temporal como poden ser as suturas, as lente de contacto ou as próteses temporais. Desta forma, unha vez o produto cumpra a súa función degradarase con maior facilidade sen tardar así miles de anos en descompoñerse.

Jose Barra Carneiro
Estudante, Universidade de Vigo
Iria Fontán Luis
Estudante, Universidade de Vigo
Adán Gómez Comesaña
Estudante, Universidade de Vigo
Inés Pardavilla Prieto
Estudante, Universidade de Vigo
Nerea Portabales Maquieira
Estudante, Universidade de Vigo
Sara Rodríguez Hernández
Estudante, Universidade de Vigo