Planta de produción e instalación de xardíns verticais 3 de maio de 2023
Planta de produción e instalación de xardíns verticais
Conferencia
Nos últimos anos, o interese polos xardíns verticais foi crecendo de forma exponencial debido aos múltiples beneficios que ofrecen e á súa implicación co medio ambiente. A instalación destes xardíns permite purificar o aire e regular a temperatura dos edificios. Ademais, a empresa achega unha innovación, a reciclaxe das augas do edificio, co fin de reutilizalas para a rega do xardín.
A planta de produción e deseño Vertical Garden, sitúase na Avenida de Lugo 48 (Pontevedra). Na planta superior, están os despachos nos que se deseñarán os xardíns e celebraranse as reunións necesarias, tanto con clientes como co persoal da empresa. Na planta baixa atópanse o viveiro, no que as plantas recibirán os coidados esenciais, a zona de montaxe, onde se montan os módulos, a zona de almacenamento, na que estarán as pezas para a construción dos módulos, o vestiario e os baños.
Coa proposta de utilizar plantas fitorremediadoras, conséguese limpar as augas residuais do edificio para poder regar o xardín e aforrar auga. A empresa asegura a elección do xardín que máis se adecúe ao espazo dispoñible e ofrece unha garantía dun ano; así mesmo, inclúese o mantemento do xardín cada mes por parte da empresa.
En resumo, este proxecto pretende, non só crear un xardín estético e moderno, senón tamén innovar ao purificar e reutilizar as augas axudando así ao aforro de enerxía, xa que as plantas funcionan como un regulador de temperatura