Planta de producción de bioetanol a partir de microalgas 3 de maio de 2023

Visto 18 veces

Planta de producción de bioetanol a partir de microalgas

Conferencia

Bioethanol PRODUCTION S.L. (Fuentebureba, Burgos) é unha empresa destinada á produción de bioetanol a partir de microalgas.

No proceso de obtención do bioetanol, cultívanse as microalgas en fotobiorreactores, trátanse para fermentar mediante fermentos e destílanse para a obtención do noso produto, debido a que necesitamos un aceite que producen estas microalgas, e así obter bioetanol. O aceite das microalgas é moito máis eficiente para a produción de bioetanol que calquera outro aceite vexetal, e
por suposto, o bioetanol, que proporcionamos é de moita calidade respecto ao resto, xa que é o 100\% procedente da microalga, atopando o bioetanol máis puro do mercado.

Iniciando cun orzamento de 202.250 euros, destinado para persoal, material e produción. Produciremos un total de 50.000 litros ao mes (600.000 litros ao ano) e vendemos a 8 euros o litro, polo que obteremos 400.000 euros ao mes (4.800.000 euros ao ano). Contando co gasto do persoal, mantemento, etc.

A ganancia ao mes é de 197.750 euros (2.373.000 euros ao ano). O noso obxectivo principal é utilizalo para empresas de cosmética principalmente (pero tamén se poden destinar para outras empresas que necesiten bioetanol de 1.ª xeración para a produción de bioetanol de 2.ª ou 3.ª xeración), e así, eliminar os contaminantes dos produtos cosméticos.

Alejandro García Figueroa
Estudante, Universidade de Vigo
María Gea Llopis
Estudante, Universidade de Vigo
Óscar Riveiro Loureiro
Estudante, Universidade de Vigo
Karla VanessaRodríguez Rosas
Estudante, Universidade de Vigo
Miryam Dasilva Gende
Estudante, Universidade de Vigo
Rocío Pérez Franco
Estudante, Universidade de Vigo
Gabriel Manu Chávez Ramírez
Estudante, Universidade de Vigo
Ana Lavandeira Abelaira
Estudante, Universidade de Vigo
Aldara Pazos Domínguez
Estudante, Universidade de Vigo