XII Premios Incuvi-Emprende e as axudas VIII Incuvi-Avanza e IV Incuvi-Consolida 30 de xan. de 2024
XII Premios Incuvi-Emprende e as axudas VIII Incuvi-Avanza e IV Incuvi-Consolida
Son alumnas e alumnos dos tres campus, tanto de grao, como de mestrado e doutoramento, de ámbitos moi diversos, pero cunha característica común: o desexo de emprender e pór en marcha a súa propia iniciativa empresarial. A Universidade de Vigo celebrou este xoves no edificio Redeiras o acto de entrega da duodécima edición dos Premios Incuvi Emprende, da oitava edición das Axudas Incuvi Avanza e da cuarta edición de Incuvi Consolida, tres convocatorias coas que a institución académica viguesa, apoiada por unha ampla rede de patrocinadores e colaboradores, axuda a definir e pór en marcha as ideas empresariais que xorden das súas aulas e “coas que axudar a facer país”, tal e como lles subliñou o reitor, Manuel Reigosa, na entrega dos premios, unha intervención na que, ademais de darlles as grazas e os parabéns, lles pediu a súa axuda para “entre todos, axudar a debuxar un futuro mellor para Galicia, con máis empresas e máis emprego de calidade”.
Fonte: DUVI