O problema da velutina no campo galego e a súa solución 27 de mar. de 2026
O problema da velutina no campo galego e a súa solución
A día de hoxe o campo galego atópase baixo unha gran ameaza; a avespa velutina. Os prexuízos fundamentais que supón esta especie invasora son o ataque ás abellas, o que reduce a súa poboación e afecta gravemente á apicultura e á polinización de cultivos, ademais polo seu carácter agresivo e os seus niños próximos a zonas habitadas supoñen un perigo para as persoas e dificultan as actividades agrícolas, xerando impactos ecolóxicos, sociais e económicos no medio rural.
Para alcanzar unha solución para tratar este problema realizouse un estudo previo baseado non só en enquisas e entrevistas a grupos poboacionais diversos senón ademais considerando ideas expostas neste congreso con anterioridade.
Así recollemos diversos testemuños que nos levaron a expor a nosa proposta final.
Aínda que existen medidas como a protección de colmeas ou o uso de repelentes, estas solucións resultan parciais e os métodos que si son eliminación completa presentan dificultades técnicas e riscos para os operarios, especialmente cando as colmeas se atopan a gran altura.
Por iso presentamos AEROSTRIKE. AEROSTRIKE é unha solución conceptual para frear o impacto da avespa asiática. Consiste nun dron con IA, estabilización e canón pneumático que dispara dardos con veleno, reducindo a expansión da especie e os riscos asociados
