UVigoCar 27 de mar. de 2026

Visto 10 veces

UVigoCar

O obxectivo é desenvolver UVigoCar, unha aplicación de viaxe compartida exclusiva para a comunidade universitaria, co fin de mellorar a puntualidade, reducir os custos de desprazamento e fomentar unha mobilidade máis sostible e segura na contorna do campus.
Realizouse unha análise do problema a partir da observación do uso do transporte público e do vehículo privado por parte do estudantado, así como da recompilación de datos mediante enquisas. Esta análise permitiu identificar problemas de puntualidade asociados aos horarios do transporte público, elevados custos derivados do uso individual do vehículo privado e
a falta de alternativas seguras para compartir traxectos.
A proposta consiste nunha aplicación que conecta a persoas condutoras con asentos libres e estudantado que necesita desprazarse á universidade.
A innovación radica no seu carácter exclusivo e o seu sistema de verificación, para evitar o rexeitamento para compartir vehículo con persoas descoñecidas.
A aplicación incluiría xeolocalización, coordinación de roteiros e un sistema para a repartición equitativa de gastos. Espérase reducir os gastos individuais e diminuír a saturación do transporte público e os aparcadoiros. Como conclusión, *UVigoCar ofrece unha solución viable para optimizar a mobilidade universitaria mediante un modelo de transporte colaborativo e sostible

José Calvo, Miguel
Estudante, Universidade de Vigo
Poyatos Álvarez, Yago
Estudante, Universidade de Vigo
Rodríguez Pozo, Yoel
Estudante, Universidade de Vigo
Trigo Vidal, Raúl
Estudante, Universidade de Vigo
Valverde Oliveira, Alejandro
Estudante, Universidade de Vigo