Proxecto de Peatonalización da Rúa Conde de Torrecedeira e Construcción dun Anexo a Escola xunto cun Parking 27 de mar. de 2026

Visto 11 veces

Proxecto de Peatonalización da Rúa Conde de Torrecedeira e Construcción dun Anexo a Escola xunto cun Parking

Este estudo céntrase nun dos principais problemas da rúa Conde de Torrecedeira e os seus arredores. A falta de prazas de aparcamento para abastecer á demanda existente. O obxectivo principal é buscar a solución óptima.
Para consolidar opinións, realizouse unha enquisa ao alumnado dos centros próximos e a persoas que frecuentan a zona, alleas aos centros de estudo. Os resultados da devandita enquisa reafirmaron as nosas suposicións e, ademais, achegáronnos unha perspectiva distinta das diferentes problemáticas derivadas da falta de aparcamento (tráfico, ruído, escaseza de espazos
verdes, etc.), así como da gravidade destas.
No transcurso do traballo analizamos diferentes solucións, coas súas vantaxes e desvantaxes, ata chegar á solución final. Entre elas destacan: crear un aparcamento en altura nalgunha das parcelas próximas á escola; aproveitar aparcamentos nos arredores da cidade e conectalos á escola mediante lanzadeiras ou vehículos eléctricos individuais; ou habilitar un aparcamento subterráneo na rúa Torrecedeira.
En conclusión, tras barallar todas as opcións, posibilidades e factores, exponse como posible solución real a reforma do edificio situado xusto detrás da escola, na rúa Paz, aproveitando a súa cuberta como espazo verde e uníndoo mediante unha pasarela.

Argibay Domínguez, Andrés
Estudante, Universidade de Vigo
Benavides Lago, Samuel
Estudante, Universidade de Vigo
Fernandez Lago, Iván
Estudante, Universidade de Vigo
González-Regueral García-Pardo, Carlos
Estudante, Universidade de Vigo
Pérez Collazo, Darío
Estudante, Universidade de Vigo
Pérez González-Gallego, Mateo
Estudante, Universidade de Vigo
Piñeiro Pérez, Álvaro
Estudante, Universidade de Vigo
Sánchez, Iván Alejandro
Estudante, Universidade de Vigo