Identificación na EEI 27 de mar. de 2026

Visto 18 veces

Identificación na EEI

Como estudantes da EEI, observamos con frecuencia como o sistema de identificación actual nos exames, xa obsoleto, prexudica tanto aos alumnos como aos docentes, dando lugar a unha perda importante de tempo e concentración, unha dependencia de documentación física, alén dunha falta de previsión loxística da aula por parte dos profesores.
Para coñecer máis sobre o problema, realizáronse enquisas a diversos malas experiencias debido ao protocolo actual e un interese importante en buscar un sistema alternativo que aumente a calidade da docencia.
Como solución, deseñouse un sistema baseado nun escaneo QR do cartón universitario virtual. Algo moito máis veloz fronte ao chamamento actual. Así mesmo, integrarase un novo sistema de reserva de asentos na plataforma Moovi, permitindo ao profesorado ver os datos dos presentados e coñecer de antemán os recursos loxísticos necesarios.
En definitiva, o protocolo proposto garante unha entrada áxil aos exames, concede ao docente a capacidade de organizar a situación da aula e descarta a dependencia a documentación física. Isto convérteo nun sistema viable para futuras aplicacións.

Campo Bregua, Diego
Estudante, Universidade de Vigo
Costas Abalde, Mario
Estudante, Universidade de Vigo
Lede Fernández, David
Estudante, Universidade de Vigo
Lu, Xiumei
Estudante, Universidade de Vigo
Pérez Vázquez , Jorge
Estudante, Universidade de Vigo
Rodríguez Prieto, Rubén
Estudante, Universidade de Vigo
Sánchez Iglesias, Miguel
Estudante, Universidade de Vigo
Santás González, Alejandro
Estudante, Universidade de Vigo