FoodSaviour: unha solución moderna e económica ao desperdicio alimentario baseada en tecnoloxía IOT 27 de mar. de 2026

Visto 12 veces

FoodSaviour: unha solución moderna e económica ao desperdicio alimentario baseada en tecnoloxía IOT

O desperdicio alimentario constitúe un dos principais retos en materia de sustentabilidade a nivel doméstico. Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nos fogares españois desperdícianse aproximadamente 24 kg de alimentos por persoa e ano. Neste contexto, o presente traballo ten como obxectivo desenvolver unha solución tecnolóxica baseada en intelixencia artificial orientada a mellorar a xestión de alimentos no fogar e contribuír á redución do desperdicio.
Para identificar as necesidades reais dos usuarios, levouse a cabo un estudo exploratorio mediante enquisas realizadas tanto en formato en liña como presencial a distintos perfís de poboación, incluíndo estudantes, traballadores e unidades familiares. A análise dos resultados permitiu detectar dificultades recorrentes relacionadas coa xestión de produtos perecedoiros, o control das datas de caducidade e a planificación de cantidades adecuadas na preparación de comidas.
A partir destes resultados proponse o deseño dunha ferramenta dixital que integra funcionalidades de xestión de inventario doméstico, alertas automatizadas de caducidade e un sistema de recomendación de receitas adaptadas aos alimentos dispoñibles e aos hábitos alimentarios do usuario. Así mesmo, a ferramenta facilita a planificación de menús equilibrados e o axuste de cantidades para optimizar o consumo.

Alonso Alonso, Xabier
Estudante, Universidade de Vigo
de Otaola Savio, Miguel
Estudante, Universidade de Vigo
García Peña, Alejandro
Estudante, Universidade de Vigo
Gayoso Perez, Xián
Estudante, Universidade de Vigo
Piñón Rodríguez, Martín
Estudante, Universidade de Vigo
Sánchez Rego, Laura
Estudante, Universidade de Vigo