Drons para a Loita contra Incendios Forestais 27 de mar. de 2026

Visto 16 veces

Drons para a Loita contra Incendios Forestais

Os incendios forestais representan un dos principais problemas ambientais e sociais en Galicia, debido á súa frecuencia, rápida propagación e o impacto que xeran sobre o territorio e as comunidades locais.
Obxectivo: O obxectivo deste traballo é analizar o potencial do uso de drons como ferramenta de prevención e vixilancia para mellorar a detección temperá de incendios nos montes galegos. Métodos e materiais: O proxecto desenvolveuse seguindo a metodoloxía de Design Thinking, centrada na identificación de necesidades reais dos usuarios. Para iso realizáronse
entrevistas a distintos axentes implicados, entre eles traballadores forestais, bombeiros e persoas afectadas por incendios en zonas rurais. A partir da información recompilada identificáronse os principais problemas
relacionados coa vixilancia e detección de incendios en áreas forestais.
Resultados e discusión: Os resultados mostran que a detección tardía e a dificultade de acceso a determinadas zonas complican a actuación rápida de los servizos de emerxencia.
A utilización de drons equipados con cámaras térmicas e sistemas de monitorización permitiría realizar patrullas aéreas periódicas, cubrir grandes superficies e detectar focos de calor en fases iniciais. Conclusións: A incorporación de drons como sistema complementario de vixilancia forestal pode mellorar a prevención e a detección temperá de incendios, contribuíndo
a reducir o seu impacto ambiental, económico e social.

Álvarez Baqueiro, Pablo
Estudante, Universidade de Vigo
Barciela Fortes, Gonzalo
Estudante, Universidade de Vigo
Bocija Costa, Marcos
Estudante, Universidade de Vigo
Piñeiro Durán, Víctor
Estudante, Universidade de Vigo
Pousa Fernández, Simón José
Estudante, Universidade de Vigo
Sobrino Rodríguez, Roberto
Estudante, Universidade de Vigo