UVícate 27 de mar. de 2026
UVícate
Este proxecto ten como obxectivo deseñar unha aplicación centralizada, chamada Uvícate, para solucionar a desorientación dos estudantes e facilitar a xestión de horarios e notificacións referentes á universidade. Para iso, levouse a cabo un estudo baseado en enquisas e entrevistas a estudantes universitarios de distintos graos e cursos, co obxectivo de identificar as maiores barreiras e inconvenientes coas que se topan os estudantes a nivel organizativo. Os datos recolleitos polo estudo reflicten pouca *practicidad para orientarse polo campus e unha falta de ferramenta e canle consolidada para os horarios e a comunicación de eventos ou imprevistos.
Como resposta, propúxose o desenvolvemento dunha aplicación con mapa 2D interactivo en tempo real e capaz de xerar e xestionar o horario de forma personalizada. A proposta incluía notificacións *push para cambios de aula, avisos de ausencias e eventos académicos. Ademais, a ferramenta permitirá compartir horarios e comparalos para atopar compatibilidades para reunións ou eventos similares. UVícate centraliza e automatiza a información vital da contorna universitaria. A aplicación permite ao alumnado atopar o seu destino de xeito eficiente, optimiza a xestión dos seus horarios e fomenta unha comunicación directa e práctica entre estudantes e a universidade.
