Escudo Sensorial Intelixente 27 de mar. de 2026
Escudo Sensorial Intelixente
O noso estudo busca mellorar a vida de persoas con sensibilidade auditiva, centrándonos en diminuír os ruídos do seu ao redor mantendo a súa seguridade intacta. O obxectivo principal consiste en reunir datos de distintos tipos de TEA, TPS. . . para desde esa perspectiva detectar cales son os ruídos máis molestos. Conseguindo así unha mostraxe para o desenvolvemento da aplicación e a súa posterior personalización en función da persoa e necesidades. Estando un 85% dos enquisados a favor do uso de cascos
que eliminan ruídos molestos pero mantendo algúns imprescindibles como avisos necesarios. Detectando que o tipo de ruídos móvense dentro dunha frecuencia concreta e podendo agrupalos en distintos grupos: obras, alarmas. . .
Para a solución, desenvolveranse uns cascos “in-ear” de material *hipoalergénico con IA integrada conectados a unha App. Así o usuario terá na súa man a posibilidade de inhibirse dos ruídos molestos máis comúns para estes trastornos.
Ademais, a aplicación dos cascos permitirá seleccionar e axustar as ondas ou rangos de frecuencia que se desexan limitar ou filtrar. Desta forma, cada usuario poderá configurar o sistema segundo a súa sensibilidade auditiva concreta, bloqueando certos tipos de son mentres mantén outros necesarios para a súa seguridade ou comunicación. Este enfoque fai que o sistema sexa altamente personalizable, adaptándose ás necesidades individuais de cada persoa e permitindo modificar os filtros en calquera momento segundo a contorna ou a situación.
