Sistema de recuperación e reutilización de auga fría en duchas domésticas 27 de mar. de 2026
Sistema de recuperación e reutilización de auga fría en duchas domésticas
O traballo aborda unha ineficiencia habitual no uso doméstico da auga: os sistemas de ducha actuais desperdician unha media de 5 litros por sesión mentres o usuario espera a temperatura desexada. Esta perda resulta especialmente relevante nun contexto de seca, maior presión sobre os recursos hídricos e necesidade de promover hábitos de consumo máis sostibles.
Realizouse un estudo baseado en enquisas dixitais e entrevistas presenciais.
Os resultados mostran unha percepción clara do problema: o 79,3% considera que nos fogares se desperdicia máis auga da que se cree, o 75,9% estima que pequenos cambios de hábitos poden reducir ese consumo e o 69,0% manifesta preocupación polo posible encarecemento da auga asociada ás secas.
Como resposta, proponse un sistema que *recircula a auga desperdiciada ao comezo da ducha cara a un depósito de almacenamento para a súa posterior reutilización noutros usos domésticos. Evitando así a súa vertedura directa ao desaugadoiro e mellorando a eficiencia hídrica da vivenda. Ademais, as entrevistas reflicten interese por solucións automáticas, cómodas e de doado implantación.
A proposta constitúe unha alternativa viable para reducir o desperdicio hídrico, favorecer o aforro económico e reforzar unha cultura de uso responsable da auga.
