Eco-Lóxica: Deseñar para Non Dubidar 27 de mar. de 2026

Visto 40 veces

Eco-Lóxica: Deseñar para Non Dubidar

O presente estudo ten como obxectivo mellorar a correcta clasificación de residuos mediante o desenvolvemento dunha solución dixital que reduza a incerteza dos usuarios ao momento de decidir en que contedor depositar cada produto. A investigación xorde a partir da análise das dificultades presentes no sistema actual de reciclaxe, relacionadas principalmente coa falta de claridade nos criterios de clasificación, a diversidade de perfís de usuario e as limitacións comunicativas do sistema de contedores.
Para abordar esta problemática levouse a cabo unha metodoloxía mixta baseada en entrevistas, enquisas e observación directa a distintos perfís de usuarios, o que permitiu identificar barreiras cognitivas, de comprensión e de accesibilidade que inflúen na toma de decisións durante o proceso de reciclaxe. A partir dos resultados obtidos desenvolveuse Recicla Doado, unha aplicación móbil orientada a facilitar a identificación do contedor adecuado para cada residuo. A ferramenta permite realizar procuras mediante introdución de texto, recoñecemento de voz ou escaneo do produto coa cámara do dispositivo. Así mesmo, incorpora unha guía de contedores con exemplos de residuos e un historial de consultas que favorece a aprendizaxe progresiva do usuario. Como conclusión, a aplicación facilita a correcta clasificación de residuos mediante unha interface accesible, intuitiva e inclusiva,
contribuíndo a mellorar a comprensión do sistema de reciclaxe e a fomentar prácticas de xestión responsable dos residuos.

Allazim El Adrani, Manal
Estudante, Universidade de Vigo
Alonso Fernández, Jandro
Estudante, Universidade de Vigo
Álvarez Senra, Lucía
Estudante, Universidade de Vigo
Belkasmi, Riham
Estudante, Universidade de Vigo
González Calixto, Azucena
Estudante, Universidade de Vigo
Lorenzo Vicente, Tania
Estudante, Universidade de Vigo
Padín Pampín, Álvaro
Estudante, Universidade de Vigo