HumpFree 27 de mar. de 2026
HumpFree
Humpfree xorde como resposta á falta de consciencia sobre a postura corporal na vida cotiá, agravada polo uso prolongado de dispositivos móbiles e computadores. A problemática principal identificada é a degradación postural e as dores cervicals derivadas de manter posicións incorrectas durante horas. Tras consultar a potenciais usuarios, confírmase
que os métodos tradicionais, como faixas ou corpiños, son rexeitados por ser incómodos, limitar o movemento e debilitar a musculatura propia.
A diferenza destas solucións invasivas, Humpfree propón unha corrección orgánica e natural baseada no biofeedback táctil. O dispositivo consiste nun sistema lixeiro e discreto que emite unha vibración suave só cando detecta que o usuario excede límites posturales saudables. Este enfoque permite que sexa o propio usuario quen corrixa a súa posición, fomentando a
creación dun hábito real e duradeiro.
Para garantir o éxito do produto, o deseño prioriza a discreción baixo a roupa e unha elevada autonomía de batería, respondendo as esixencias de comodidade e baixo mantemento dos usuarios. O sistema compleméntase cunha aplicación móbil que ofrece seguimento do progreso e ferramentas educativas de hixiene *postural.
