As túas pastillas no momento adecuado 27 de mar. de 2026
As túas pastillas no momento adecuado
O estudo centrouse nas dificultades para manter unha toma regular e constante da medicación, especialmente en persoas que precisan un seguimento diario. Esta situación podería deberse a esquecementos, falta de adaptación dos dispositivos ás necesidades individuais ou ausencia de mecanismos de control e comunicación que reforcen a adherencia ao tratamento.
Co obxectivo de analizar esta situación, levouse a cabo unha fase de investigación baseada en entrevistas presenciais a usuarios de diferentes grupos de idade, o que permitiu recoller experiencias directas. Ademais, realizáronse enquisas en liña. Os datos recompilados analizáronse de maneira estatística, o que posibilitou obter unha visión máis precisa do alcance do problema. Os
resultados evidenciaron que gran parte dos participantes recoñece esquecer ocasionalmente a toma da súa medicación. Ademais, a maioría sinalou que a incorporación de un recordatorio diario lle facilitaría o cumprimento do tratamento.
A partir destes datos propúxose un pastilleiro semanal intelixente equipado con alarmas programables e un sensor visual intermitente. Este sistema de alerta dual garantía que todos os usuarios tivesen un recordatorio persistente que minimizase o risco de omisión da dose.
Como conclusión, as evidencias confirman a viabilidade dun pastilleiro con alertas acústicas e luminosas como unha solución práctica e eficaz para reducir os esquecementos na toma da medicación
