Inauguración do XXVI Congreso de Traballos Colaborativos 27 de mar. de 2026
Inauguración do XXVI Congreso de Traballos Colaborativos
Solucións tecnolóxicas para a reutilización de auga nas duchas; sistemas intelixentes para reducir o desperdicio alimentario ou iniciativas para a eliminación de niños de avespa velutina mediante drons... Estes son só tres exemplos dos 17 traballos desenvolvidos polos 113 estudantes que participaron este venres na sede cidade da Escola de Enxeñaría Industrial nunha nova edición do Congreso de Traballos Colaborativos, iniciativa que continúa a consolidarse como unha referencia na formación práctica do alumnado.
A coordinación do congreso correu a cargo de Lucía Díaz Vilariño, Diego Campos Juanatey e José Luis González Cespón, que destacaron o carácter innovador dos proxectos así como o seu claro enfoque cara a solución de problemas reais. Trátase, tal e como explicaron, dos resultados do traballo conxunto de alumnas e alumnos de sete graos: Electricidade, Mecánica, Organización, Química Industrial e Tecnoloxías Industriais, da Escola de Enxeñería Industrial, e Dereito, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
