RoadAlert 27 de mar. de 2026

Visto 12 veces

RoadAlert

Hoxe en día, enfrontarnos a unha avaría na estrada é unha auténtica crise de deseño sistémico. As ferramentas que supostamente deben salvarnos non só fallan en visibilidade, senón que nos obrigan a xogarnos a vida expoñéndonos
a un atropelo. Este traballo ten como obxectivo deseñar un sistema de sinalización viaria que aumente a distancia de anticipación ante incidentes, reducindo o risco de atropelo e a ansiedade do condutor fronte á ineficacia dos sistemas actuais.
Realizáronse entrevistas e enquisas a condutores diarios, transportistas e axentes da Garda Civil para avaliar a percepción real sobre a baliza V16 e o triángulo. Tras comprender o problema, o estudo de viabilidade e implantación centrouse nos Tramos de Concentración de Accidentes (TCA) oficiais na área de Vigo, concretamente na autovía A-55 e a autoestrada
AP-9. Como resposta a esta problemática, desenvolveuse Road Alert", unha infraestrutura activa composta por postes solares autónomos situados cada 500 metros. Estes paneis LED, sincronizados mediante a xeolocalización do vehículo avariado, emiten avisos previos luminosos á altura da vista ata 1.000 metros antes do perigo, trasladando a alerta do coche á vía.
En conclusión, o sistema Road Alert resolve a falta de visibilidade actual e evita a exposición física mediante unha comunicación viaria *proactiva.

Caride Bastos, Sandra
Estudante, Universidade de Vigo
Dacosta Fernández, Ana Luisa
Estudante, Universidade de Vigo
Ferreira Rodriguez, Lucas
Estudante, Universidade de Vigo
Gilsanz Lorenzo, Alba
Estudante, Universidade de Vigo
Iglesias Vázquez, Víctor
Estudante, Universidade de Vigo
Pereira Gutiérrez, María
Estudante, Universidade de Vigo
Pérez Ferreiro, Anaíl
Estudante, Universidade de Vigo
Román Chaves, Luis
Estudante, Universidade de Vigo
Soto Camino, Eric
Estudante, Universidade de Vigo
Vázquez Ferraz, Vera
Estudante, Universidade de Vigo