El uso do móbil, problemas e solucións 7 de mar. de 2025
El uso do móbil, problemas e solucións
O uso excesivo dos teléfonos móbiles converteuse nun problema
serio, afectando negativamente á saúde mental e ás relacións sociais
cambiando o ámbito destas. Esta dependencia impacta en aspectos tan
importantes como o benestar social e emocional e a produtividade.
Para abordar este problema incipiente propoñemos un protector de pantalla,
un reloxo intelixente e unha aplicación para que funcionen en sinerxia.
Por unha banda, o protector de pantalla intelixente detecta o tempo de uso
do dispositivo. Unha vez que se supere un límite de horas determinado, a
pantalla se opaca. Con todo, o dispositivo permite a entrada e saída de chamadas
asegurando a comunicación do usuario.
O desenvolvemento da aplicación que propoñemos crea unha integración entre
o móbil e o reloxo intelixente que detecta altos niveis de #estrés ou ansiedade.
Nestes casos o dispositivo opaca o móbil automaticamente e suxire unha
desconexión dixital recomendando actividades que axuden a reducir estes síntomas.
Propoñemos unha gamificación da aplicación mediante un mecanismo
de premios aos usuarios por reducir o tempo de uso do dispositivo
en forma de descontos en produtos relacionados co benestar físico e
emocional.
En definitiva, a proposta busca reducir o uso excesivo dos móbiles e
mellorar o benestar mediante un sistema integrado implementando recompensas
para motivar ao usuario e facilitar a consecución do obxectivo da
proposta: reducir o máximo posible o tempo de uso do móbil.