CUVICAR 7 de mar. de 2025

Visto 4 veces

CUVICAR

O obxectivo deste proxecto será resolver o problema de mobilidade que
teñen moitos estudantes da sede campus da UVIGO, sobre todo no
caso de non ter vehículo persoal.
Tras realizar unha enquisa a varios estudantes de sede campus, concluímos
que a solución óptima é CUVICAR, unha aplicación na que os estudantes
da universidade poidan publicar as súas viaxes desde a cidade a sede campus,
e viceversa, compartindo prazas do seu vehículo persoal por un prezo xusto
que sirva para cubrir unicamente os gastos de combustible, mantemento
xeral do vehículo e peaxes se así fose necesario.
Para rexistrarse na aplicación é obrigatorio ser membro da Universidade
de Vigo, accedendo co correo desta. A persoa que comparta
o coche indicará un ou varios lugares de recollida, e o roteiro que utilizará.
Estará dispoñible un sistema de mensaxería onde os estudantes poidan
acordar horarios e puntos de encontro. Tamén haberá dispoñible un sistema
de valoracións. A aplicación utilizará un cálculo aproximado do gasto
de combustible e poñerá un baremo de prezos, en función da distancia
do traxecto.
En conclusión, CUVICAR ofrece unha solución eficiente e accesible para
a mobilidade dos estudantes da UVIGO sen vehículo propio. Ao conectar
condutores e pasaxeiros dentro da comunidade universitaria, facilita o
transporte compartido a un custo xusto, promovendo a sustentabilidade e a
economía colaborativa.

David González Losada
Jorge Prol García
Santiago Pumar Vázquez
Óscar Rodríguez López
Diego Rodríguez Rodríguez
Nilo Manuel Sánchez Gómez