Panais trampa: unha solución intelixente para o control da vespa asiática 7 de mar. de 2025

Visto 8 veces

Panais trampa: unha solución intelixente para o control da vespa asiática

Obxectivo: Controlar a poboación da avespa asiática (Vespa velutina)
mediante un sistema mellorado de captura, reducindo o seu impacto na apicultura
e o ecosistema galego.
Materiais e métodos: Realizouse un estudo teórico baseado na recompilación
de información sobre o comportamento da avespa velutina e a
efectividade dos métodos existentes. Entrevistouse a apicultores, así como a expertos
e expertas para identificar limitacións nas estratexias actuais.
A partir desta información, deseñouse unha proposta innovadora de trampa
baseada nun panal reclamo con arpas eléctricas melloradas, calefacción selectiva
para evitar a entrada de abellas e un sistema de atrayentes específicos.
Ademais, exponse a incorporación de sensores conectados a unha aplicación
para a vixilancia remota.
Proposta e discusión: A trampa proposta optimiza a eficacia das
arpas eléctricas mediante un deseño de fácil mantemento e un sistema de detección
de fallos. A calefacción impide a entrada de abellas, reducindo
o impacto en especies beneficiosas. A aplicación permite unha vixilancia en tempo
real do estado da trampa e o número de capturas, mellorando a
xestión do control da velutina. Espérase que esta solución sexa máis eficiente
e duradeira que os métodos tradicionais, aínda que se requiren probas
experimentais para validar a súa efectividade.
Conclusións: A proposta combina melloras nas trampas existentes con tecnoloxía
avanzada para facer o control da avespa asiática máis eficaz e
sostible. Recoméndase a realización de probas piloto para avaliar o seu
rendemento en condicións reais.

Javier Fernández Prudencio
Cristina Iglesias Porras
Xabier Martín-Arroyo Añibarro
David Mora Campos
Pedro Rodríguez Viñas
Carlos Silva Sieira