Reloxo RescaT 7 de mar. de 2025

Visto 3 veces

Reloxo RescaT

O obxectivo deste proxecto é axudar ás persoas para actuar #ante emerxencias
sanitarias, reducindo a falta de coñecementos en primeiros auxilios
e o medo para intervir.
En canto aos métodos, o equipo realizou enquisas a distintos grupos
de idade para identificar problemas comúns en situacións de emerxencia.
Os resultados mostraron que moitas persoas descoñecen como reaccionar,
teñen dificultades para localizar a alguén en perigo e temen quedar paralizadas.
Con base nestes achados, levou a cabo unha choiva de ideas para
desenvolver unha solución efectiva.
Os resultados levaron ao deseño do Reloxo RescaT, un reloxo intelixente
cunha aplicación asociada. Este dispositivo, ao detectar unha emerxencia,
realiza preguntas para determinar a mellor actuación, considerando o historial
médico do usuario. Ademais, mide as constantes vitais e proporciona
instrucións mediante un altofalante. Tamén inclúe un botón de emerxencia
para chamar ao 112 e un localizador para que os servizos de emerxencia
poidan atopar ao usuario se este non pode comunicarse.
As conclusións indican que o Reloxo RescaT é unha ferramenta eficaz
para actuar en emerxencias, adaptándose a distintos usuarios e situacións.
A súa integración de tecnoloxía e asistencia guiada mellora a capacidade de resposta
e seguridade das persoas.

Antón Durán Acevedo
Gonzalo García Martínez
Xavier Pardo Guerreiro
Rodrigo Paredes Rúa
Andrea Pena Gómez
Paula Rodríguez Carballido
Martín Souto Salgado