Discriminación social polos vehículos debido ás Zonas de Baixas Emisións 7 de mar. de 2025
Discriminación social polos vehículos debido ás Zonas de Baixas Emisións
O obxectivo das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) é mellorar a calidade
do aire en núcleos urbanos, reducindo a contaminación atmosférica e os seus
efectos negativos sobre a saúde pública. Isto lógrase restrinxindo o acceso
a vehículos contaminantes e fomentando o uso de transportes sostibles,
como vehículos eléctricos, transporte público ou bicicletas, garantindo acceso
a opcións de mobilidade máis limpas.
Con todo, estas medidas poden xerar discriminación socioeconómica,
xa que non toda a cidadanía ten a capacidade económica para adquirir
un vehículo sostible. Isto afecta especialmente a persoas con menores recursos,
quen pode quedar excluídas de zonas centrais ou áreas de acceso
restrinxido.
Elaborouse unha enquisa que recolleu datos entre o 18/02/2025 e o 25/02/2025,
tomando como mostra a persoas entrevistadas. Cos datos obtidos realizáronse
gráficas e extraéronse conclusións.
Como solución, proponse: a) Axudas económicas e subvencións para facilitar
a adquisición de vehículos sostibles. b) Abaratar reformas en vehículos
antigos, seguindo exemplos de países como Alemaña.
Estas medidas contribuirían a reducir a contaminación e eliminar a discriminación
social, beneficiando a persoas con menores recursos.
As Zonas de Baixas Emisións cumpren o seu obxectivo ambiental, pero poden
xerar desigualdades. Para minimizar este impacto, é fundamental que as
administracións públicas combinen as restricións con apoios que faciliten
a transición cara a vehículos sostibles, garantindo mobilidade para toda
a poboación e promovendo a equidade social.