Mellora da seguridade vial 7 de mar. de 2025

Visto 3 veces

Mellora da seguridade vial

Tendo en conta que os vehículos terrestres son os máis usados, á vez
que inseguros na actualidade, creando múltiples incidentes durante o ano,
búscase propoñer unha idea para mellorar as condicións de quen conduce
e facer da estrada unha mellor contorna.
Realizouse un estudo mediante unha serie de enquisas de preguntas curtas
e tipo test a un rumbo dunhas 40 persoas, entre os días 10 e 12 de febreiro de 2025.
Pretendeuse que constasen de preguntas xerais que desen opción
obter diferentes puntos de vista, á vez que sinxelas para que resultasen
breves e pouco pesadas de responder.
Eliximos realizalo desta maneira xa que case todas as persoas participantes
pertencen á área metropolitana de Vigo, unha cidade relativamente
grande rodeada de pequenos municipios, o que permitiu obter unha gran
diversidade de respostas. Con isto descubrimos que todos os usuarios das
vías públicas teñen certos problemas, dos cales algúns comúns,
A proposta é sinxela, unha App na que as persoas usuarias poidan
declarar os distintos incidentes e suxestións, ademais de compartir información
co fin de axudar a máis usuarios. O máis novo, sen dúbida, é o
mapa interactivo que se pode usar para indicar con precisión os incidentes.
En resumo, queremos satisfacer as necesidades dos membros da vía
pública.

Alejandro Álvarez Cavada
Nicolás García Gago
Adrián González Bustamante
Eugenio López carcedo Fernández
Mauro Santiago Docío
Anxo Gómez García