Aumento de seguridade para motoristas 7 de mar. de 2025

Visto 7 veces

Aumento de seguridade para motoristas

Son centos os motoristas que terminan perdendo a vida nas estradas
españolas e moitos outros que acaban con lesións graves tras un accidente,
sendo un dos principais problemas a solucionar con respecto á seguridade viaria
deste colectivo. Por iso, a finalidade deste traballo é a de mellorar
a seguridade dos motoristas en caso de caída, mediante a implantación de dispositivos
de forma que se reduzan os falecementos e a gravidade das
lesións producidas nos accidentes que involucran a este colectivo.
Realizáronse enquisas a motoristas para coñecer a súa opinión sobre a seguridade
que perciben nas estradas, ademais da corpos de seguridade e
sanitarios para obter información útil para determinar unha solución. Por último,
se encuestó a condutores profesionais pola súa experiencia e opinións
coas motos na estrada.
O principal problema identificado foi os gardarraíles que son percibidos
como perigosos e en caso de caída producen lesións que poden chegar a ser
graves e mesmo mortais. Por iso, neste traballo proponse un modelo
de gardarraíl que pensa na seguridade dos motoristas, especialmente
protexendo os elementos máis perigosos en caso de impacto, no que se integran
sensores para notificar os posibles accidentes que se produzan.
Espérase que o deseño proposto reduza a mortalidade e a gravidade das
lesións en motoristas.

Sebastián Carlos Cernadas Cernadas
Lucas Chans Estramil
Pablo Diéguez Gómez
Alejandro Estrada Otero
Carlos Galego Martínez
Íker Moo Barros