Seguridade na recolección de percebes 7 de mar. de 2025
Seguridade na recolección de percebes
A recolección de percebes é unha actividade de alto risco dentro do sector
pesqueiro, xa que os percebeiros traballan en zonas de difícil acceso, enfrontándose
a mareas impredicibles e forte ondada. A pesar da súa experiencia, os
accidentes como caídas, golpes contra rocas e arrastres por correntes seguen
sendo frecuentes, poñendo en perigo as súas vidas.
Para mellorar a seguridade, proponse un dispositivo móbil con acelerómetro,
GPS e eSIM, capaz de enviar alertas automáticas en caso de emerxencia.
O acelerómetro detectaría caídas ou inmobilización prolongada, mentres que
o GPS proporcionaría a localización en tempo real para facilitar un rescate
rápido. A eSIM garantiría conectividade mesmo en zonas remotas, permitindo
a comunicación sen necesidade dunha tarxeta SIM física. Ademais,
incluiría un botón de emerxencia para activar ou cancelar manualmente as
alertas.
Deseñado para asegurar o seu funcionamento en condicións extremas. Tamén
contaría cunha batería de longa duración con carga solar para garantir
a autonomía prolongada. A súa incorporación no traxe do percebeiro
permitiría unha vixilancia continua e unha resposta inmediata #ante calquera
incidente.
Os principais beneficios serán unha maior tranquilidade e a redución do
risco de perdas humanas. Con todo, temos desafíos como a cobertura
de rede, a resistencia a condicións extremas e o custo. En conclusión,
esta tecnoloxía podería representar un avance crucial na seguridade dos
percebeiros.