Mobilidade Torrecedeira 7 de mar. de 2025
Mobilidade Torrecedeira
1. Obxectivo Realizar un estudo para atopar distintas formas de mellorar
o aparcamento e comodidade das persoas da universidade de Torrecedeira,
á hora de desprazarse á mesma no seu propio vehículo ou outro tipo
de transporte.
2. Materiais e métodos A través dunha serie de enquisas enviadas polos
distintos grupos de Whatsapp, chegouse á conclusión que existe un
problema coa pouca accesibilidade que existe á hora de aparcar preto da
Universidade ou simplemente o desprazamento desde certos municipios.
3. Proposta e discusión Afrontouse o problema a través da implantación
dunha nova liña de transporte público e a modificación dunha liña xa
existente, desde as zonas que presentaban dificultades para poder chegar á
Universidade. Ademais, propúxose a construción de varios aparcamentos
pola cidade con lanzadeiras á universidade, permitindo que a
xente que teña que vir obrigatoriamente en coche non perda tempo en estacionar
e non xere tráfico na cidade.
4. Conclusión En colaboración coa Universidade de Vigo e cumprindo
coa normativa establecida, asentar dous aparcamentos en Vigo, un en Teis
nas instalacións da ETEA e outro en Rebullón, conectándoos coa
Sede Ciudad modificando a liña Ou1 facendo que chegue ata Torrecedeira,
seguindo ata A Laxe e acabando na ETEA e creando unha liña que parta
desde o campus e chegue á facultade de Torrecedeira pasando por Rebullón.