Banda Intelixente para Control de Glucosa e Insulina 7 de mar. de 2025

Visto 6 veces

Banda Intelixente para Control de Glucosa e Insulina

A diabetes é unha enfermidade crónica que afecta a millóns de persoas
a nivel global, caracterizada por niveis elevados de glicosa en sangue. Este proxecto
expón o desenvolvemento dunha banda intelixente capaz de monitorizar
en tempo real os niveis de glicosa e administrar automaticamente insulina
ao longo do día.
Para identificar as principais problemáticas asociadas a esta enfermidade,
leváronse a cabo estudos enfocados nos grupos máis directamente involucrados:
persoas diabéticas, persoal sanitario e a súa rede de apoio sociofamiliar.
Os datos obtidos reflicten unha forte preferencia por dispositivos
non invasivos e unha alta incidencia de pacientes que esquecen administrar as
doses.
A proposta tecnolóxica consiste nunha banda equipada cun sensor
espectroscópico, deseñado para medir a concentración de glicosa no líquido
intersticial a través da pel, mediante a análise da absorción de luz
infravermella. Adicionalmente, incorpora un sistema automático de administración
de insulina por aerosol transdérmico con capacidade para 24 horas, o
cal dispersa microgotas de insulina sen necesidade de agullas.
A banda intelixente ofrece monitorización continua e administración automatizada
de insulina sen necesidade de puncións, mellorando a comodidade
e adherencia ao tratamento, reducindo o estrés e proporcionando un control
glucémico máis preciso.

Aimee Valentina Cubero Papa
Sergio Falagán Carballo
Estudante, Universidade de Vigo
Alejandra González Barreiro
Paula Gabin Blanco
Paula Rey-Stolle González
Sabela Rodríguez Domínguez
Ana María Rodríguez Fernández