Desperdicio de comida en supermercados e restaurantes 7 de mar. de 2025

Visto 7 veces

Desperdicio de comida en supermercados e restaurantes

Cada día, supermercados e restaurantes desperdician grandes cantidades
de comida, un problema urxente con graves consecuencias ambientais, sociais
e económicas. Mentres moitas persoas non teñen acceso a unha alimentación
adecuada, toneladas de alimentos en bo estado terminan no
lixo.
A nosa proposta consiste nunha rede colaborativa entre restaurantes,
supermercados e organizacións sociais, asegurando que os alimentos sobrantes
cheguen a quen máis os necesitan. Ademais, traballamos con supermercados
e restaurantes para axudalos a organizar mellor o seu inventario e
reducir desperdicios. Para logralo, promovemos boas prácticas como planificar
compras en función da demanda real, almacenar correctamente os
produtos para prolongar a súa vida útil e dar prioridade á venda ou doazón
daqueles que están próximos a vencer. Tamén buscamos promover que
os restaurantes permitan aos comensais levar a comida sobrante na
mesa.
A nosa proposta non só busca reducir o desperdicio de comida, senón que
tamén promove un modelo máis eficiente e sostible para o sector
alimentario. Ao optimizar o uso dos alimentos, apoiamos a quen máis o
necesitan, reducimos o impacto ambiental do desperdicio e axudamos aos
comercios para mellorar a súa rendibilidade. Cremos que, cun esforzo conxunto,
podemos transformar a forma en que xestionamos os alimentos e construír
un sistema máis xusto, responsable e solidario.

Vicente Agulló de la fuente
Jorge Campos Fernández
Lucía Rodríguez Fernández
Íñigo Valeiras Landín
Laura Veiga Mendoza