App de prevención de estafas telefónicas 7 de mar. de 2025

Visto 8 veces

App de prevención de estafas telefónicas

Esta aplicación está deseñada para protexer aos usuarios de fraudes telefónicas
mediante diversas ferramentas de prevención e seguridade. A súa función
principal é alertar e bloquear posibles intentos de estafa a través de chamadas,
mensaxes de texto e correos electrónicos.
A app conta cun manual de prevención, onde se explican as estafas
máis comúns, como a fraude de suplantación de identidade, estafas bancarias
e enganos relacionados con premios falsos, con exemplos gráficos. Estes exemplos
axudan aos usuarios para recoñecer sinais de alerta e a evitar caer
en trampas.
Ademais, a aplicación ten unha base de datos colaborativa, onde os
usuarios poden rexistrar números de teléfono desde os cales recibisen
intentos de fraude. Esta información queda dispoñible para outros usuarios,
permitíndolles identificar e bloquear chamadas sospeitosas antes de atendelas.
A seguridade refórzase con cienco niveis de protección que o usuario
pode configurar:
a) Notificacións de alerta cando se recibe un SMS ou correo sospeitoso. b)
Deshabilitación de hipervínculos recibidos por SMS ou correo. c) Bloqueo de chamadas
sospeitosas baseadas na base de datos de estafadores. d) Restrición
de chamadas internacionais, permitindo ao usuario bloquear números
do estranxeiro se o desexa. e) Notificacións que che dean consellos
Con estas funcións, a app ofrece unha barreira eficaz contra as estafas,
mellorando a seguridade e tranquilidade dos seus usuarios.

Adrián Alonso Santiso
Alberto Castelo Alonso
Javier Posada García
Yoel García Vicente
Juan González Caamaño
Adrián Navas del río
Ángel Torres Alfonso
Miguel Vázquez Barciela