Recollida de residuos despois de eventos 7 de mar. de 2025

Visto 5 veces

Recollida de residuos despois de eventos

O abandono de lixo en praias e parques tras festivais xera un forte
descontento cidadán, afectando o medio ambiente e a experiencia dos
visitantes. A pesar da limpeza municipal, moitos cren que non é suficiente
e que os asistentes deberían asumir maior responsabilidade. Este estudo
analiza a percepción cidadá, as causas do problema e posibles solucións
para mellorar a xestión de residuos nestes espazos.
Os resultados da enquisa reflicten que moitas persoas estarían dispostas
a participar na limpeza de praias e parques despois de eventos
se se organiza en grupo ou se existe unha recompensa. A partir disto, propoñemos
unha aplicación que incentive a recolección de residuos mediante un
sistema dinámico e gamificado.
A app xerará un código QR temporal que permitirá abrir un camión
de lixo para depositar os residuos recolleitos.
Para garantir que realmente se deposite lixo, a app seguirá un proceso
de verificación aleatorio: O usuario escanea o QR para abrir o camión. A
app decide aleatoriamente se lle solicita unha foto/vídeo. Se se solicita, o usuario
debe subir unha imaxe dos residuos. Se a imaxe é válida, os puntos asígnanse
.
Ao usar a aplicación, os participantes acumularán puntos que poderán
trocar por descontos en transporte, comercio local ou eventos culturais,
fomentando así un impacto positivo tanto no medio ambiente como
na comunidade. Este sistema busca motivar aos cidadáns para involucrarse
activamente na limpeza de espazos públicos dunha maneira innovadora e
sostible.

María Fortes Soliño
Luca Marasi Vazquez
Miguel Otero Costoya
Román Pego Cánibe
Clara Ramírez Cadavid
Iria Rodríguez Díaz
Marta Vega González